Entradas

CUARTO MANDADIÑO

Imagen
O ÚLTIMO MANDADIÑO DE MANOLO... XA SABEMOS QUE O DISFRACE FINAL É DE MARISCADOR/A. UN GORRO DE CHOIVA, UN CHUVASQUEIRO, UN RAÑO E PARA MAÑÁ... UNHAS BOTAS. ONTE NON FOI POSIBLE A PUBLICACIÓN NO BLOG DO TERCEIRO MANDADIÑO. AQUÍ ESTÁN AS FOTOS DA VISITA AO ESQUELETO MANOLO COA CLASE DOS MOUCHOS... Mañá xoves faremos no cole a Festa Gastronómica   con productos típicos do Entroido. Por favor, traer só a cantidade que tomaría o/a voso/a fillo/a.  O venres celebraremos a Festa do Entroido e viremos disfrazados de submarinistas, que veñan abrigados por debaixo porque vai facer frio. Moitas grazas familias pola vosa colaboración e gozade do Entroido.

CONTACONTOS KALANDRAKA

Imagen
HOXE GÜINO TIÑA UNHA SORPRESA PREPARADA PARA NÓS. SARA E ÁLEX, OS NOSOS AMIGOS DE KALANDRAKA, VIÑERON AO NOSO COLE PARA CONTARNOS UNHAS FANTÁSTICAS HISTORIAS CON MÚSICA, ACOMPAÑADAS DO SONIDO DO ACORDEÓN E OUTROS INSTRUMENTOS. CORES A HORTA DE SIMÓN UN MÁIS QUE BEN O PASAMOS CANTANDO E BAILANDO!! COMO NOS GUSTAN OS CONTOS!!

SEGUNDO MANDADIÑO

Imagen
HOXE FOI A NOSA COMPI DA CLASE DOS PANDAS, MAYRA, QUEN NOS LEU O SEGUNDO MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO. QUE BEN O FIXO!!  RECORDADE QUE SON ACUMULATIVOS, MAÑÁ TRAEREMOS GORRO DE CHOIVA E O CHUVASQUEIRO.

PRIMEIRO MANDADIÑO

Imagen
HOXE APARECEU NO CORREDOR DO COLE O ESQUELETO MANOLO PARA INAUGURAR O ENTROIDO CO PRIMEIRO DOS MANDADIÑOS.   RECORDADE QUE O LUNS...

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Como cada 30 de xaneiro, esta semana celebramos o Día da Paz.  Entre todos/as escribimos unha mensaxe dentro dunha botella, que botamos ao noso mar de paz  para que chegue ao resto do mundo.  Tamén con todos os anacos de cinta laranxa que trouxemos ao cole, fixemos unha máis grande e a incorporamos xunto coas dos demais compañeiros/as para bailar ao seu redor. En todos as cintas escribimos mensaxes bonitas, nós escribimos a palabra PAZ. Estivemos falando de todas as cousas boas que nos transmiten paz e chegamos a conclusión que aínda que hai un día no calendario para celebrar a paz, temos que facer estas cousas todos os días. Entre todos/as dixemos estas mensaxes: - Non pegar. - Querer aos compañeiros/as. - Dar bicos e abrazos. - Xogar cos amigos/as. - Coidar os xoguetes e compartir. Encantounos ver voar as pombas como símbolo de paz. Que rápido voaron! Pero o que máis nos gustou foi bailar e cantar a canción elexi...

ANIVERSARIOS XANEIRO

Imagen
SANTIAGO, XOEL E DARÍO, OS MÁIS MAIORES DA CLASE DOS PEIXIÑOS XA TEÑEN 4 ANOS E O PASADO VENRES O CELEBRAMOS COMENDO UNHA DELICIOSA TORTA E UNS ZUMES RIQUÍSIMOS.   PARABÉNS PEQUERRECHOS!

FESTIVAL DE NADAL 2017