DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como cada 30 de xaneiro, esta semana celebramos o Día da Paz. Entre todos/as escribimos unha mensaxe dentro dunha botella, que botamos ao noso mar de paz para que chegue ao resto do mundo. 





Tamén con todos os anacos de cinta laranxa que trouxemos ao cole, fixemos unha máis grande e a incorporamos xunto coas dos demais compañeiros/as para bailar ao seu redor. En todos as cintas escribimos mensaxes bonitas, nós escribimos a palabra PAZ. Estivemos falando de todas as cousas boas que nos transmiten paz e chegamos a conclusión que aínda que hai un día no calendario para celebrar a paz, temos que facer estas cousas todos os días. Entre todos/as dixemos estas mensaxes:

- Non pegar.
- Querer aos compañeiros/as.
- Dar bicos e abrazos.
- Xogar cos amigos/as.
- Coidar os xoguetes e compartir.




Encantounos ver voar as pombas como símbolo de paz. Que rápido voaron!





Pero o que máis nos gustou foi bailar e cantar a canción elexida para celebrar este día. Que ben o fixemos!





Comentarios

Entradas populares de este blog

SAÍDA Á CASA DO QUEIXO

OS PEIXIÑOS

CONSTRUCIÓN DO RESTAURANTE