Entradas

SAÍDA Á CASA DO QUEIXO

Imagen
O Pasado 12 de xuño fixemos unha excursión á casa do queixo. Pasamos unha xornada fermosa en contacto coa natureza. Fixemos queixo fresco , coñecemos o proceso da lá, vimos diferentes animais de granxa e lles demos de comer e ademais dunha pequena ruta rematamos a xornada xogando a xogios populares.







CONSTRUCIÓN DO RESTAURANTE

Imagen
Todo o ano viaxando polo mundo en diante!! coñecendo e degustando pratos típicos dos diferentes paises visitados. E se montamos o noso restaurante de comida internacional? boa idea!! imos a poñernos mans á obra.


Entre todas e todos escollemos o nome do noso restaurante de forma consensuada, cada mesa propuxo un nome, finalmete o nome finalista foi CROCANTE. Elaboramos o letreiro.


Elaboramos tamén a carta do restaurante na que incluímos todos os pratos que fumos coñecendo ao longo do curso: pizza, arroz chino, injeras, arepas, pastel de nata e magdalenas de noces. 



Elaboramos os pratos de comida internacional para poder xogar con eles no noso recuncho do restaurante