Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S!

Imagen
O pasado xoves comezou a actividade Lemos @s máis pequen@s . Os maiores do cole acudiron ás aulas de infantil e 1º de primaria.  Estiveron encantados! Ollade as súas caras!

ALÉN DO MAR

Imagen
A SEMANA PASADA GÜINO CONVIDOUNOS DE NOVO Á BIBLIOTECA DO COLE PARA CONTARNOS ALGO MOI ESPECIAL: PRECISA DA NOSA AXUDA PARA INVESTIGAR ALGO. A NOSA ENCARGADA DO DÍA, MARTINA, RECOLLEU A BOTELLA QUE GÜINO TIÑA PARA NÓS E AGORA TEMOS QUE DESCUBRIR A MENSAXE QUE CONTÉN... CANTO NOS FAI TRABALLAR GÜINO!! ESTA É A MENSAXE MISTERIOSA. QUE SIGNIFICARÁ? TODOS COINCIDIMOS QUE PODE SER UN MAPA PARA BUSCAR UN TESOURO PERO NON O TEMOS MOI CLARO... QUE SERÁN ESES DEBUXOS DE CORES??? TEMOS QUE LOGRAR DESCIFRAR A MENSAXE DE GÜINO. ALGUÉN  PODE AXUDARNOS? 

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO

Imagen
O pasado venres 6 de outubro festexamos na clase os aniversarios dos primeiros peixiños: Erea,Lois, José Alfonso e Noa. Compartiron con nós unha deliciosa torta e uns zumes. Parabéns pequerrechos/as!

BENVID@S

Imagen
Benvidas familias!  Este vai a ser o noso blog, onde os nenos e nenas de 4º de educación infantil  B queremos compartir con todos vós o noso traballo diario e as nosas aprendizaxes e experiencias. Despois deste primeiro mes e medio de curso no que estivemos un pouquiño atarefados, adaptándonos pouco a pouco e coñecendo aos nosos compis, profes, coñecendo as normas do cole, facendo as rutinas da aula..., na clase de 3 anos B xa temos mascota. Somos a CLASE DOS PEIXIÑOS .  Queremos compartir algunhas fotos dos primeiros días. Cada día estamos máis contentos e contentas e desexando aprender un montón de cousas.   Xunto cos nenos e nenas da clase dos mouchos, visitamos a Güino na súa biblioteca.    E pasados uns días a profe Mari e Güino entregáronnos a MOCHILA VIAXEIRA , que xa comezou a visitar as casas dos peixiños.  Grazas familias pola vosa colaboración e perdoade pola tardanza na actualización do blog.