Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

PDI:COMIDA INTERACIONAL. ROMA

Imagen
Comezamos o curso escolar cunha boa n ova; o ananiño que o ano pasado vivía constipado no noso tellado decidiu iniciar unha viaxe para coñecer os diferentes alimentos e receitas dos diversos lugares do mundo. Para estar en comunicación con él elaboramos entre todas e todos un buzón fermoso, nel escribimos e debuxamos os nosos aliemntos favoritos.  Un bo día recibimos por fin unha postal do ananiño, n a que achegaba unhas pistas acerca do seu destino, e nos, como bos detectives, averiguamos o lugar onde se atopaba: ROMA! Comezamos a investigar sobre Roma; os seus monumentos e as súas comidas, incluso fixemos unha viaxe 3D pola cidade romana achegadas por Noa. rexistro da actividade O ananiño quere saber que lugares ten que coñecer de Roma e que comidas ten que probar. Por iste motivo elaboramos unha guía para axudar ao noso amigo Proceso... Resultado... rexistro da actividade Aprendimos moitas cousas sobre Roma, tamé n i ni

BIBLIOTECA DE AULA

Imagen
Xa temos rematado o recuncho da biblioteca! Cada cal escribiu o que lle suxire a lectura de contos. Saíron palabras moi bonitas. Firmamos un contrato de coidado dos contos, que recordamos a miúdo, pois estes contos son todos tesouros, veñen directamente da biblioteca de centro e temos que coidalos moitísimo. Para contribuír ao orde e coidado  dos contos organizamolos por caixas segundo o número que cada cal teña A biblioteca de aula é un lugar ao que recurrimos todos os días, salvo algunha excepción. Con esta maneira de proceder involucramos aos nenos e nenas no coidado do material ao mesmo tempo que diariamente téñense que fixar nun número e situalo na caixa correcta. Ante a dúbida de cal é a caixa n o que hay que depositar co n to, pódense guiar apoiandose n a recta numérica que situamos no recuncho. Fomentamos o gusto pola lectura pois son contos escollidos atendendo aos seus intereses e a o proxecto, o adestramento en habilidades relacionadas coa ló

ANIVERSARIOS: LOIS, MÉLIDA, EREA E NOA

Imagen
No mes de setembro tivemos 4 aniversarios que festexar. Puxémonos ben de torta, e tamén bailamos e cantamos "parabéns para ti". Un día intenso e divertido. Parabéns peixiños!