O ANANIÑO EN ETIOPÍA






SEGUIMOS VIAXANDO...

O noso ananiño aventureiro segue  a percorrer o mundo! Nesta ocasión voou ata un país que comeza coa letra E e ten unha bandeira tricolor (verde, amarela e vermella) . Está a vivir una aventura nunha aldea chamada walmara. Alí vive no tellado dunha escola especial na que todas as mañás acoden nenos e nenas do lugar para pásalo ben, almorzar e aprender cousas novas.



recepción da carta       



Investigando, por equipos, averiguamos de que o ananiño atópase en Etiopía!!






O ananiño quere saber que visitar e que comer. Iniciamos un proceso de investigación grazas ás achegas das familias das peixiñas e peixiños... preparados para investigar??



lupas, gafas de buceo lintaernas.. xa estamos preparados!!




Iniciamos a guía gastronómica e de viaxes de Etiopia. Descubrimos cousas realmente sorprendentes:




- Que alí viviu Luci una australopitecos afarensis que debido a desertificación da súa contorna empezou a camiñar de pe... é a nosa tataratataratataratataratataraavoa!!








- Que existen uns templos escavados increibles


- Que alí, en Etiopía, atópase o deserto do Danakil, o lugar mais quente da terra.


- Que as casas non son  como as nosas, diferentes estancias e materiais de construción











- Que as nenas e nenos alí van a escola, e son felices en contacto directo coa natureza e deixando a súa imaxinación voar, sen necesidade constante de un xoguete que lles motive, sen patallas tablets ou xoguetes a pilas.


- Que alí conviven con outros animais…



E moitas outras cousas!


Erea coa súa familia fixo pan etíope, una  gran oportunidade gastronómica, delicioso.





Degustamos injera, plato típico etíope. Compartindo prato e comendo coas mans.







Visitounos Amoná coa súa nai, grazas a eles decubrimos moitas cousas de Etiopía, que país tan especial e precioso.

Ademáis, para recabar mais información sobre comida internacional,  tivemos a sorte de que nos visitou a mama de Daniele da clase dos mouchiños e poidemos cociñar e degustar comida angoleña!!













Tamén recibimos a visita da nai de Mathías coa que fixemos unhas arepas venezolanas para chupar os dedos!! que afortunados somos de poder estar a coñecer comidas internacionales.















Neste trimestre puxemos empeño en traballar de forma cooperativa cos compañeiros e compañeiras cando tiñamos que investigar ou crear algunha actividade plástica. Iniciámonos na aprendizaxe de estratexias que nos axudan a entendernos, a respetarnos, a cooperar e chegar a acordos, a convencer e ceder.





























Finalizado o proceso de investigación de Etiopía escribimos ao ananiño para informarlle do que debe comer e visitar. 

Grazas a aventura do ananiño e ás visitas das familias xa temos moitos coñecementos relacionados coas comidas do mundo. Deste xeito consideramos que estes coñecementos non poden caer en balde... Non sería estupendo crear o noso propio restaurante de comida internacional? 
Para este fin visitamos a escola de hostelería de Pontedeume.













































Rematamos o segundo trimestre con novos proxectos para o terceiro. 
acéptanse propostas e visitas!




Comentarios

  1. Valió la pena esperar!! Muchísimas gracias Lucía por compartir con todos nosotros todo el trabajo que habéis hecho.
    Aprendieron un montón de cosas de una manera muy entretenida.
    Espero noticias del restaurante!!
    Rocío(mami de Santi)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

NADANDO SEN PARAR

PDI:COMIDA INTERACIONAL. ROMA

VISITA AO ACUARIO