CON ESTE MURAL DAMOS POR REMATADO O PROXECTO DA NOSA MASCOTA. OS PEIXIÑOS APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ESTE ANIMALIÑO. OLLADE QUE BONITO QUEDOU E CANTO TRABALLARON!! E CON ESTA ENTRADA APROVEITO PARA DESPEDIRME DOS MEUS PEIXIÑOS E DAS SÚAS FAMILIAS. AÍNDA QUE SOAMENTE FORON POUCOS MESES, SON MOITOS OS BOS MOMENTOS COMPARTIDOS XUNTOS. UNHA VEZ MÁIS, MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA DURANTE ESTE TEMPO. MOITOS BICOS E APERTAS. ATA PRONTO PEIXIÑOS
Todo o ano viaxando polo mundo en diante!! coñecendo e degustando pratos típicos dos diferentes paises visitados. E se montamos o noso restaurante de comida internacional? boa idea!! imos a poñernos mans á obra. Entre todas e todos escollemos o nome do noso restaurante de forma consensuada, cada mesa propuxo un nome, finalmete o nome finalista foi CROCANTE. Elaboramos o letreiro. Elaboramos tamén a carta do restaurante na que incluímos todos os pratos que fumos coñecendo ao longo do curso: pizza, arroz chino, injeras, arepas, pastel de nata e magdalenas de noces. Elaboramos os pratos de comida internacional para poder xogar con eles no noso recuncho do restaurante Para darnos a coñecer elaboramos a publicidade do restaurante. Consideramos os elementos que nos faltan no restaurante... forno, nevera, moedas, billetes e cubertos. Pasámolo en grande ...
O Pasado 12 de xuño fixemos unha excursión á casa do queixo. Pasamos unha xornada fermosa en contacto coa natureza. Fixemos queixo fresco , coñecemos o proceso da lá, vimos diferentes animais de granxa e lles demos de comer e ademais dunha pequena ruta rematamos a xornada xogando a xogios populares.
Comentarios
Publicar un comentario