O Pasado 12 de xuño fixemos unha excursión á casa do queixo. Pasamos unha xornada fermosa en contacto coa natureza. Fixemos queixo fresco , coñecemos o proceso da lá, vimos diferentes animais de granxa e lles demos de comer e ademais dunha pequena ruta rematamos a xornada xogando a xogios populares.
Comezamos o curso escolar cunha boa n ova; o ananiño que o ano pasado vivía constipado no noso tellado decidiu iniciar unha viaxe para coñecer os diferentes alimentos e receitas dos diversos lugares do mundo. Para estar en comunicación con él elaboramos entre todas e todos un buzón fermoso, nel escribimos e debuxamos os nosos aliemntos favoritos. Un bo día recibimos por fin unha postal do ananiño, n a que achegaba unhas pistas acerca do seu destino, e nos, como bos detectives, averiguamos o lugar onde se atopaba: ROMA! Comezamos a investigar sobre Roma; os seus monumentos e as súas comidas, incluso fixemos unha viaxe 3D pola cidade romana achegadas por Noa. rexistro da actividade O ananiño quere saber que lugares ten que coñecer de Roma e que comidas ten que probar. Por iste motivo elaboramos unha guía para axudar ao noso amigo Proceso... Resultado... rexistro da actividade Aprendimos moitas cousas sobre Roma, tamé n i ni
O NADAL XA CHEGOU AO COUCEIRO E ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXEMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL MARIÑA CON PEIXES, ESTRELAS E CARACOLAS. QUE BONITA QUEDOU!! MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA!! TAMÉN DECORAMOS A NOSA CLASE CUNHA ÁRBORE DE BOLAS E O CORREDOR DE INFANTIL CUNS RENOS QUE QUEDARON ASÍ DE CHULOS. E O NOSO PEIXIÑO UNAI TROUXO AO COLE ESTE APALPADOR QUE NOS ENCANTOU A TODOS/AS. MOITAS GRAZAS!!
Comentarios
Publicar un comentario