XOVES DE ENTROIDO

HOXE, SEGUINDO OS MANDADIÑOS DO ESQUELETO MANOLO, VIÑEMOS AO COLE CONVERTIDOS EN AUTÉNTICOS/AS MARISCADORES/AS.



DESPOIS MERENDAMOS COS DEMAIS COMPIS DE INFANTIL PRODUCTOS TÍPICOS DO ENTROIDO.




CELEBRACIÓN DO ENTROIDO


IMPORTANTE:
Mañá, venres 9, celebraremos o tradicional festival de Entroido. Sin embargo as circunstancias climáticas previstas obrígannos a modificar a organización que tiñamos deseñada.
A posibilidade de choiva e o intenso frío destes días fai que este festival, que preparamos con tanto traballo e ilusión todos os anos, sexa modificado en dous aspectos importantes:
- Non se celebrará o tradicional desfile pola vila.
- Os actos no pavillón serán os previstos: entrada, desfile e actuacións. (Tal como xa informamos empezará sobre as 10:30) Pero, a medida que o alumnado remate as actuacións, abandonará o pavillón para reincorporarse ás súas aulas. Así reduciremos o tempo de permanencia, principalmente dos máis pequenos, nun ambiente frío.
Sabemos que as familias entenderán que o que reducimos en espectáculo redundará nun maior benestar do alumnado.



Comentarios

Entradas populares de este blog

SAÍDA Á CASA DO QUEIXO

CONSTRUCIÓN DO RESTAURANTE