VISITA AO ACUARIO
HOXE FOMOS DE VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA, FOI A NOSA PRIMEIRA SAÍDA NO COLE DE MAIORES E O PASAMOS MOI BEN. DESCUBRIMOS O FONDO MARIÑO E GOZAMOS DE TODO O QUE VIMOS. ADEMAIS CON ESTA VISITA SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS NOVAS DO MAR E TAMÉN DA NOSA MASCOTA DA AULA, OS PEIXES.
O PRIMEIRO CO QUE NOS ATOPAMOS AO CHEGAR FOI UN MONTÓN DE COUSAS FEITAS CON MATERIAL DE REFUGALLO QUE SE ATOPAN NAS PRAIAS E NO MAR...
DESCUBRIMOS AS GRANXAS MARIÑAS...
OS POLBOS SAÍRON A SAUDARNOS...
ENCANTOUNOS VER AO TIBURÓN GASTÓN, O INQUILINO MÁIS ESPECTACULAR DO ACUARIO.
E TAMÉN VIMOS ESTRELAS, ORELLAS E "PEPINOS" DE MAR, DOURADAS, SARDIÑAS, ANÉMONAS... E ATA PUIDEMOS VER A NEMO!
MÁGOA DO TEMPO QUE NON NOS DEIXOU VER AS FOCAS...
MOI CONTENTOS PERO MOI CANSOS CHEGAMOS AO COLE.
Comentarios
Publicar un comentario