Parabéns Santiago M. e Lucía! que día tan divertido... música, baile e por suposto a torta que non falte, por enriba de todo unha torta da patrulla canina, eses cans vólvennos tolos e tolas!
Este foi un día moi especial. A chegada da primavera enche as aulas de alegría e flores. Fixemos unha gran girnalda de laranxas para decorar o noso maio, e as familias encargáronse de deixalo fermoso. Déixovos unhas fotos que resumen a xornada. Moitas grazas pola colaboración.
Que boa mañá pasamos no Gadis ! Helena ensinounos cada departamento do supermercado: a froitería , a carnicería , a peixería... moi interesante para nós, os peixiños . Coñecemos a pirámide dos alimentos e a importancia que ten comer saudable para estar fortes e felices.
CON ESTE MURAL DAMOS POR REMATADO O PROXECTO DA NOSA MASCOTA. OS PEIXIÑOS APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ESTE ANIMALIÑO. OLLADE QUE BONITO QUEDOU E CANTO TRABALLARON!! E CON ESTA ENTRADA APROVEITO PARA DESPEDIRME DOS MEUS PEIXIÑOS E DAS SÚAS FAMILIAS. AÍNDA QUE SOAMENTE FORON POUCOS MESES, SON MOITOS OS BOS MOMENTOS COMPARTIDOS XUNTOS. UNHA VEZ MÁIS, MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA DURANTE ESTE TEMPO. MOITOS BICOS E APERTAS. ATA PRONTO PEIXIÑOS
LEMBRADES A MENSAXE CON BANDEIRAS QUE NOS ENVIOU GÜINO A COMEZOS DE CURSO? ALÍ DESCIFRAMOS AS PALABRAS: NADANDO SEN PARAR, QUE BUSCAMOS EN INTERNET E ATOPAMOS UNHA CANCIÓN QUE ENSEGUIDA APRENDIMOS E QUE NOS GUSTA MOITO CANTAR. ONTE OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS BAILAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "NADANDO SEN PARAR" . UNHA VEZ MÁIS O MAR FOI PROTAGONISTA. OLLADE QUE BEN O FIXEMOS! SOMOS UNS CAMPIÓNS!!