CON ESTE MURAL DAMOS POR REMATADO O PROXECTO DA NOSA MASCOTA. OS PEIXIÑOS APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ESTE ANIMALIÑO. OLLADE QUE BONITO QUEDOU E CANTO TRABALLARON!! E CON ESTA ENTRADA APROVEITO PARA DESPEDIRME DOS MEUS PEIXIÑOS E DAS SÚAS FAMILIAS. AÍNDA QUE SOAMENTE FORON POUCOS MESES, SON MOITOS OS BOS MOMENTOS COMPARTIDOS XUNTOS. UNHA VEZ MÁIS, MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA DURANTE ESTE TEMPO. MOITOS BICOS E APERTAS. ATA PRONTO PEIXIÑOS
LEMBRADES A MENSAXE CON BANDEIRAS QUE NOS ENVIOU GÜINO A COMEZOS DE CURSO? ALÍ DESCIFRAMOS AS PALABRAS: NADANDO SEN PARAR, QUE BUSCAMOS EN INTERNET E ATOPAMOS UNHA CANCIÓN QUE ENSEGUIDA APRENDIMOS E QUE NOS GUSTA MOITO CANTAR. ONTE OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS BAILAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "NADANDO SEN PARAR" . UNHA VEZ MÁIS O MAR FOI PROTAGONISTA. OLLADE QUE BEN O FIXEMOS! SOMOS UNS CAMPIÓNS!!
Comezamos o curso escolar cunha boa n ova; o ananiño que o ano pasado vivía constipado no noso tellado decidiu iniciar unha viaxe para coñecer os diferentes alimentos e receitas dos diversos lugares do mundo. Para estar en comunicación con él elaboramos entre todas e todos un buzón fermoso, nel escribimos e debuxamos os nosos aliemntos favoritos. Un bo día recibimos por fin unha postal do ananiño, n a que achegaba unhas pistas acerca do seu destino, e nos, como bos detectives, averiguamos o lugar onde se atopaba: ROMA! Comezamos a investigar sobre Roma; os seus monumentos e as súas comidas, incluso fixemos unha viaxe 3D pola cidade romana achegadas por Noa. rexistro da actividade O ananiño quere saber que lugares ten que coñecer de Roma e que comidas ten que probar. Por iste motivo elaboramos unha guía para axudar ao noso amigo Proceso... Resultado... rexistro da actividade Aprendimos moitas cousas sobre Roma, tamé n i...
Comentarios
Publicar un comentario