BIBLIOTECA DE AULA

Xa temos rematado o recuncho da biblioteca!



Cada cal escribiu o que lle suxire a lectura de contos. Saíron palabras moi bonitas.




Firmamos un contrato de coidado dos contos, que recordamos a miúdo, pois estes contos son todos tesouros, veñen directamente da biblioteca de centro e temos que coidalos moitísimo.



Para contribuír ao orde e coidado  dos contos organizamolos por caixas segundo o número que cada cal teña



A biblioteca de aula é un lugar ao que recurrimos todos os días, salvo algunha excepción.

Con esta maneira de proceder involucramos aos nenos e nenas no coidado do material ao mesmo tempo que diariamente téñense que fixar nun número e situalo na caixa correcta. Ante a dúbida de cal é a caixa no que hay que depositar conto, pódense guiar apoiandose na recta numérica que situamos no recuncho. Fomentamos o gusto pola lectura pois son contos escollidos atendendo aos seus intereses e a o proxecto, o adestramento en habilidades relacionadas coa lóxica-matemática ao recoller os contos cando a sesión de biblioteca remata e no momento do rexistro, cando un conto novo entra na aula, e tamén fomentamos a autonomía no proceso de coidado, organización e recollida.

Os resultados son boísimos! todos os días temos un espazo de tempo para mergullarnos soíños ou e compañía nos mundos máxicos que nos mostran os contos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

SAÍDA Á CASA DO QUEIXO

OS MAIOS