Benvidas familias! Este vai a ser o noso blog, onde os nenos e nenas de 4º de educación infantil B queremos compartir con todos vós o noso traballo diario e as nosas aprendizaxes e experiencias. Despois deste primeiro mes e medio de curso no que estivemos un pouquiño atarefados, adaptándonos pouco a pouco e coñecendo aos nosos compis, profes, coñecendo as normas do cole, facendo as rutinas da aula..., na clase de 3 anos B xa temos mascota. Somos a CLASE DOS PEIXIÑOS . Queremos compartir algunhas fotos dos primeiros días. Cada día estamos máis contentos e contentas e desexando aprender un montón de cousas. Xunto cos nenos e nenas da clase dos mouchos, visitamos a Güino na súa biblioteca. E pasados uns días a profe Mari e Güino entregáronnos a MOCHILA VIAXEIRA , que xa comezou a visitar as casas dos peixiños. Grazas familias pola vosa colaboración e perdoade pola tardanza na actualiz...